As imaxes que viron os peregrinos

Sabemos cal é a fin do Camiño, de todos os Camiños, á terra da fin do mundo coñecido: Compostela, a capital de Occidente. E sabemos tamén cal é o fin do Camiño, o motor que sempre moveu ao peregrino.

Coñecemos o sentir dos peregrinos ao camiñar, ao axeonllarse diante da tumba do Apóstolo, e ao afrontar o camiño de volta.

Podemos contemplar o que na actualidade ven os peregrinos ao entrar en Galicia, nas terras lucenses, xa moi preto de Compostela.

Velaquí o que os peregrinos doutrora contemplaban nestas terras lucenses como sorpresa incógnita, limiar do impacto visual de Compostela.